A diferenza doutras apps, Telegram nunca usa os teus datos privados para orientar anuncios. As mensaxes patrocinadas en Telegram baséanse unicamente na temática das canles públicas nos que se mostran. Isto significa que non se extraen nin analizan os datos dos usuarios para mostrar os anuncios, e todos os usuarios que ven unha canle en Telegram ven as mesmas mensaxes patrocinadas.
A diferenza doutras apps, Telegram non rastrea se tocaches unha mensaxe patrocinada e non crea un perfil a partir da túa actividade. Tamén evitamos links externos en mensaxes patrocinadas para asegurarnos de que terceiros non poidan espiar aos nosos usuarios. Cremos que todos teñen dereito á privacidade e as plataformas tecnolóxicas deberían respectar isto.
Telegram ofrece un servizo gratuíto e ilimitado por centos de millóns de usuarios, o que implica importantes custos en servidores e tráfico. Para seguir sendo independente e ser fiel aos seus valores, Telegram desenvolveu unha ferramenta de pago para promocionar mensaxes considerando a privacidade dos usuarios. Damos a benvida a anunciantes responsables en: [url] As mensaxes patrocinadas están actualmente en modo de proba. Unha vez que estean totalmente en marcha e permitan a Telegram cubrir os seus custos básicos, empezaremos a compartir os ingresos por publicidade cos propietarios das canles públicas nos que se mostren as mensaxes patrocinadas.
Os anuncios en liña xa non deberían ser sinónimo de violación da privacidade do usuario. Redefinamos como debe operar unha empresa tecnolóxica, xuntos.
https://ads.telegram.org
As mensaxes patrocinadas están actualmente en modo de proba. Unha vez que estean totalmente en marcha e permitan a Telegram cubrir os seus custos básicos, empezaremos a compartir os ingresos por publicidade cos propietarios das canles públicas nos que se mostren as mensaxes patrocinadas.
Os anuncios en liña xa non deberían ser sinónimo de violación da privacidade do usuario. Redefinamos como debe operar unha empresa tecnolóxica, xuntos.
Log in here to translate Telegram apps. Please enter your phone number in the international format and we will send a confirmation message to your account via Telegram.